Scalebound fixa o seu lanzamento no ano 2017
luns, 4 de xaneiro do 2016
Tras un ano no que parecÃa que os adiamentos de xogos de
consola afectaban unicamente á PlayStation 4 comezamos 2016 cunha mala nova
para os posuidores dunha Xbox One que gusten dos xogos de rol de acción, xa que
o prometedor Scalebound, que está a
desenvolver PlatinumGames en exclusiva para a consola de Microsoft, anúnciase
que non estará dispoñible durante o presente ano, e haberá
que agardar a 2017 para poder gozar deste xogo no que poderemos loitar
axudados por un dragón chamado Thuban.
Esta aventura de fantasÃa e exploración, con un modo multi-xogador orixinal e
combates con grandes doses de acción serÃa un dos meirandes xogos de
PlatinumGames fixo nunca, e precisamente por iso decidiron proceder con
prudencia e marcar unha meta razoable para o lanzamento de Scalebound.
Os responsables deste tÃtulo xa levan anos traballando no mesmo, e confÃan en
poder completar un produto inspirado e innovador, do que sentirse orgullosos,
polo que este xogo que permitiranos achegarnos ao mundo de Draconis e as súas
criaturas incribles poderÃa ser unha das grandes bazas para que certo perfil de
xogador dea unha oportunidade á Xbox One.
VÃdeo de Scalebound estreado co gallo da Gamescom e que permÃtenos ver como será este ambicioso xogo