PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Segue aberto o prazo das axudas destinadas a incorporar as TIC nas empresas

venres 27 de abril do 2007 | Compartir en Tuenti | Compartir |

O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, aproveitou a presentación da nova web da campaña en prol do galego na rede, maisinternetmaisgalego.com (este mesmo mediodía) para lembrar que o prazo para concorrer a dúas ordes de axuda da Consellería, publicadas recentemente no DOG, fica aínda aberto.
Ditas axudas van orientadas a incorporar as tecnoloxías da información e da comunicación nas pequenas e medianas empresas (pemes) da nosa terra, incentivar a difusión e formación no movemento asociativo e favorecer o desenvolvemento dos produtos, equipamento e empresas do sector da Sociedade da Información. O orzamento é de 4,2 millóns de euros.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS