Os directivos das empresas tecnolóxicas móllanse na loita contra a ELA

xoves, 14 de agosto do 2014 Marcus Fernández

En España puidemos ver como o Legado de Tibu convertíase en todo un fenómeno viral sen moito sentido, pero nos EE.UU. está a trunfar unha variedade deste tipo de reto que consiste en nomear a varias persoas a baleirar un cubo de auga xeada sobre as súas cabezas en 24 horas ou a realizar unha doazón para a loita contra a esclerose lateral amiotrófica (ELA), o que leva a que moitos dos nomeados opten a facer ambas cousas para dar unha maior proxección a este iniciativa solidaria.
O rechamante deste fenómeno é que está a chegar aos directivos das empresas tecnolóxicas máis coñecidas, polo que nas últimas horas puidemos ver xa a Mark Zuckerberg mollándose a petición do gobernador Chris Christie e retando ao propio Bill Gates, a Sheryl Sandberg (unha das máximas directivas de Facebook) e a Reed Hastings (director xeral de Netflix); mentres que o máximo responsable de Microsoft, Satya Nadella, aceptou o reto do xogador de fútbol americano Steve Gleason, recibindo o cubo de auga xeada para pasar o relevo a Jeff Bezos (Amazon) e Larry Page (Google), polo que é de agardar que durante o que resta de semana poidamos ver ás grandes figuras de Silicon Valley pasados por auga por unha boa causa.


Satya Nadella aceptando o reto do caldeiro de auga xeada

<script>(function(d, s, id) { var js, fjs = d.getElementsByTagName(s)[0]; if (d.getElementById(id)) return; js = d.createElement(s); js.id = id; js.src = "//connect.facebook.net/gl_ES/all.js#xfbml=1"; fjs.parentNode.insertBefore(js, fjs); }(document, 'script', 'facebook-jssdk'));</script>

PUBLICIDADE