Smart GalApps estrea un servizo orientado á promoción de establecementos a través do móbil
venres, 25 de outubro do 2013
Smart GalApps, estudo responsable de aplicacións móbiles
como Smart
Weather, Imos?
e ConxuGalego,
entre outras, renovou a súa páxina web
para convertela nun escaparate dos seus servizos, que van dende o
desenvolvemento de aplicacións móbiles para iOS e Android a medida das
necesidades do cliente (abordando tamén desenvolvementos web con tecnoloxÃas
avanzadas) ata o novo produto Smart Promo, que ofrece
unha solución promocional integral de tecnoloxÃa móbil para grupos de establecementos,
asociacións culturais, locais comerciais...
A través de Smart Promo achegan aplicacións móbiles nativas para Android e iOS,
ditintas vistas de asociados (mapas, listaxes ordenadas, rankings...), sistema de valoracións e comentarios dos usuarios,
integración con redes sociais e internacionalización en varios idiomas.
Este novo servizo chega en 3 plans cun prezo anual de 36, 60 e 84 euros/ano +
IVE por establecemento (cun mÃnimo de 50 establecementos), e pretende
converterse nunha boa ferramenta de marketing
que mellore a visibilidade, faciliten o achegamento aos clientes e engada valor
aos negocios para contribuÃr ao seu crecemento.
- Smart Promo é o novo produto comercial de Smart GalApps