Socket, o adaptador que conecta lámpadas
luns, 26 de setembro do 2016
As solucións de iluminación conectada para o fogar tenden a estar baseadas en lámpadas que se
comunican cun concentrador que as xestiona, pero a última solución de iDevices
pese a non ser a opción máis estética e discreta do mercado, ten caracterÃsticas
curiosas que chaman a atención xa que proponse como un dispositivo que dota
de conectividade a case calquera lámpada dun xeito autónomo, para poder
xestionala logo a través dunha aplicación móbil.
O produto de iDevices chámase Socket, e consiste nun adaptador para lámpadas
que as converte en dispositivos con conectividade Bluetooth e Wi-Fi,
facilitando o control do seu acendido e da súa intensidade, de xeito que as
lámpadas dos fogar poden programarse, adaptarse á nosa rutina diaria, facilitar
a creación de ambientes e incluso obedecer a ordes faladas (xa que é compatible
con Siri e Amazon Alexa).
O Socket tamén conta cun anel de luz LED para
funcionar a xeito de luz nocturna personalizable en cor.
Este curioso adaptador para lámpadas polo momento só se comercializa nos EE.UU.
e Canadá, pode albergar lámpadas de até 60 watts, e entre os seus grandes atractivos están que,
aparte de non precisar dun hub, é
compatible coa tecnoloxÃa HomeKit de Apple. Como eiva, en cambio, ten que o seu
prezo é de 59,95 dólares, o que é moito máis caro que solucións de iluminación
conectada como a de Philips.
- Socket permite conectar e controlar lámpadas de até 60 watts