Sony anuncia os xogos cos que contarán os usuarios de PS Plus en outubro
mércores, 1 de outubro do 2014
AÃnda
que nos últimos meses os xogos que recibiron os subscritores de PlayStation
Plus parecÃan decepcionar a moitos (en boa medida pola calidade á que tiñan
afeito aos xogadores no pasado) en outubro parece que Sony volve ao rego, e anuncia
os xogos que pasarán a estar dispoñibles dende o vindeiro dÃa 8 sen cargo
adicional para usuarios de PS Plus.
Por unha banda temos que os usuarios de PlayStation 4 poderán comezar a gozar
dunha edición especial do agardado xogo de condución DRIVECLUB, que ofrecerá 11 pistas e 10 coches, podendo competir en
liña con até 12 xogadores, experiencia que promete animar a moitos a facerse
coa versión completa deste tÃtulo. Máis modestos son os xogos Dust: An Elysian Tail e Spelunky, que pese a ser tÃtulos
independentes, prometen moitas horas de diversión para os usuarios de PS4.
En PlayStation 3 atopamos unha oferta de xogos bastante digna, como Batman: Arkham Asylum, primeiro tÃtulo
desta saga, que permitirá introducirse nunha aventura que o ano que vén contará
cun novo capÃtulo (Batman: Arkham Knight);
e tamén poderá gozarse dunha auténtica xoia retro,
o hack and slash de recreativa Dungeons & Dragons: Chronicles of
Mystara, adaptado á pantalla da PS3 e no que tamén poderemos botar partidas
en liña.
Máis complicado o ten Sony para nutrir de bos xogos a oferta de PS Plus para a
súa consola portátil, xa que carece de canteira da que tirar, e asà este mes os
usuarios de PS Vita teñen que conformarse co arcade Pix the Cat e o xogo de rol Rainbow
Moon, ambos pouco coñecidos polo público.
- Spelunky é un interesante xogo indie que recibirán os usuarios de PS Plus para a PS4 en novembro
- Dungeons & Dragons: Chronicles of Mystara poderá gozarse na PS3 sen custo adicional por parte dos subscritores de PS Plus