Sony celebra a nova expansión de Destiny cunha edición limitada da PS4

martes, 7 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Dende Sony están apostar seriamente polo xogo de Bungie Destiny, que pese a ser multi-plataforma conta con contidos en primicia para as consolas PlayStation, e dentro desta liña de colaboración entre ambas empresas anuncian agora que para celebrar a chegada a Europa de Destiny: El Rey de los Poseídos o 15 de setembro van contar tamén cunha edición limitada da PlayStation 4 de 500 GB e n cor branca que incluirá unha copia física da mencionada expansión en formato físico (que inclúe tamén as dúas expansións anteriores, obrigatorias para poder gozar da nova).
Esta edición especial presume dun fermoso deseño que amosa un mapa do cosmos en cor prata cun escudo de Gardián en cor dourado, aínda que para os que non gusten da consola e o seu mando en cor branca tamén haberá un lote da consola co xogo en cor negro Jet Black.
El Rey de los Poseídos ofrecerá moito contido novo, como unha nova Campaña cunha nova trama, novas sub-clases de Gardiáns con novos Supers, actividades, recompensas, armas, mapas PvP e moito máis. Amais, os usuarios de PS3 poderán dar o salto a esta expansión en PS4 sen perder o seu progreso.

A edición limitada da PS4 coa expansión de Destiny tamén poderá adquirirse en cor negra

PUBLICIDADE