Sony presenta un par de obxectivos con pantalla OLED integrada
mércores, 22 de abril do 2015
Sony sorprendeu presentando os novos
obxectivos ZEISS Batis 2/2 e 1 8/85, que serÃan os primeiros obxectivos full-frame con enfoque automático en
integrar unha pequena pantalla OLED levando ás cámaras da familia Sony α a unha
nova era. A pequena pantalla integrada amosarÃa a distancia focal e a
profundidade de campo, o que resultarÃa de utilidade na composición de imaxes
creativas, o que supón unha curiosa innovación.
Os obxectivos ZEISS Batis sairán á venda no mes de xullo en lonxitude focal de
retrato e grande angular, completando a actual gama de obxectivos. O ZEISS
Batis 2/25 conta con 10 elementos en oito grupos e combina un moderado ángulo
de imaxe de 82 graos cunha distancia de enfoque mÃnima de 0,2 metros,
conseguindo un obxectivo ideal para a fotografÃa de edificios e paisaxes. O
ZEISS Batis 1.8/85 pola súa banda é un teleobxectivo moderado, de 11 elementos
en 8 grupos, considerado como unha boa opción para fotografÃas de casamentos e
retratos.
small>VÃdeo promocional dos novos obxectivos Sony ZEISS Batis