Sorprenden en Francia cunha Xbox One "deseñada por Tony Stark"
xoves, 28 de abril do 2016
De cando en vez as empresas tecnolóxicas pechan alianzas coa
industria cinematográfica, e lanzan produtos en colaboración que resultan moi
rechamantes, e ao igual que boa parte do mundo desexaba botarlle a man enriba
ao Samsung
Galaxy S6 edge personalizado coa aparencia de Iron Man que saíu á venda
nuns poucos mercados asiáticos co gallo do lanzamento do filme Los Vengadores: La Era de Ultrón, dende
a división francesa de Xbox One fan algo semellante con Capitán América: Civil War e amosan unha Xbox One “deseñada por
Tony Stark”.
Estamos ante unha edición limitada de só 3 consolas que se sortearán entre os
usuarios que compartan esta campaña a través de Twitter,
Facebook
e Instagram, xenial idea
que contribuirá á promoción do filme da semana á vez que mellora a percepción
da Xbox One, consola que en Europa non goza do favor do público
(tradicionalmente afín á marca PlayStation).
Vídeo desta impresionante promoción de Xbox Francia