Steam permite probar durante a fin de semana 10 xogos que ten de oferta

xoves, 16 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Até o vindeiro domingo a tenda de xogos descargables para PC Steam celebra o seu primeiro Free Weekend Weekend, unha curiosa iniciativa a través da que ofrece a posibilidade de xogar de balde a 10 videoxogos que até o luns poderán mercarse con importantes rebaixas, de xeito que estamos ante unha excelente oportunidade para probar algúns títulos que acadaron grande éxito nos últimos meses para poder avaliar se nos interesa a súa compra a un prezo reducido.
10 xogos en total forman a interesante campaña promocional de Steam que durará até o domingoDeste xeito podemos facernos con Payday 2 por 6,99 euros, Company of Heroes 2 por 8,74 euros, Awesomenauts por 2,49 euros, Don’t Starve por 5.09 euros, Trine 2 por 3,39 euros, GRID 2 por 6,24 euros, Killing Floor por 4,99 euros, Blade Symphony por 3,74 euros, Injustice: Gods Among Us Ultimate Edition por 6,99 euros e XCOM: Enemy Unknown por 5 euros; aínda que neste último caso temos que advertir Greenman Gaming está a agasallar ese xogo para os que voten nos Golden Joystick Awards, podendo optar tamén os participantes na promoción na posibilidade de facerse con XCOM: Enemy Within cun 80% de desconto (aínda que curiosamente estes días xa se ofrecen ambos xogos de XCOM en Steam a un prezo conxunto de 7,49 euros incluíndo un par de lotes de contidos adicionais para XCOM: Enemy Unknown).

PUBLICIDADE