Street Fighter V terá unha edición limitada para PS4

luns, 23 de novembro do 2015 Marcus Fernández

Capcom informou hoxe aos medios de comunicación que o vindeiro 16 de febreiro o xogo Street Fighter V para PlayStation 4 vai contar en Europa cunha edición limitada Day One Steelbook, ou sexa, unha edición de lanzamento con caixa metálica, que será toda unha peza de colección. A caixa do xogo presenta a Ryu na súa portada e o icónico escenario de China no seu interior, e nas vindeiras semanas detallarán as canles de comercialización e os prezos que terá esta edición especial do xogo.
Street Fighter V pretende iniciar o ano que vén toda unha nova xeración de xogos de loita, destacando polo feito de que contará con versións para PC e PS4 que non serán independentes, senón que os xogadores dunha plataforma poderán enfrontarse en liña cos da outra, creando unha situación sen precedentes a nivel de competición.

A caixa metálica de Street Fighter V busca ser toda unha peza de colección

Traíler de Street Fighter V no que presentan a Dhalsim

PUBLICIDADE