Telefónica negocia a venda da súa filial británica

venres, 23 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

Telefónica comunicou á Comisión Nacional do Mercado de Valores nun feito relevante que vén de pechar un acordo co Grupo Hutchison Whampoa para negociar en exclusiva a adquisición por parte desta última da filial de Telefónica no Reino Unido (O2) por un prezo indicativo de 10.250 millóns de libras esterlinas en efectivo (uns 13.500 millóns de euros) dos que 9.250 millóns de libras satisfaríanse como pagamento inicial ao peche da transacción e unha vez que a compañía acade un fluxo de caixa acumulado acordado aboarase o millón de libras esterlinas restante. Estas negociacións exclusivas estenderanse varias semanas, e permitirá a negociación dos contratos definitivos.
Esta operación chega nun momento no que Telefónica está a xestionar proactivamente a súa carteira de activos e forneceu significativamente os seus mercados (con operacións de consolidación en Alemaña, a adquisición de GVT en Brasil e os grandes cambios tecnolóxicos e comerciais en España), ao que podería contribuír considerablemente a venda dos negocios no Reino Unido.

PUBLICIDADE