Telefónica suma a seguridade do fogar á súa oferta converxente

xoves, 28 de maio do 2015 Redacción

Luis Gil, presidente de Desenvolvemento de Negocio e Expansión do Grupo Securitas Direct, e Luis Miguel Gilpérez, presidente de Telefónica España

Luis Miguel Gilpérez, presidente de Telefónica España, e Luis Gil, presidente de Desenvolvemento de Negocio e Expansión do Grupo Securitas Direct, presentaron hoxe Movistar Verisure Hogar, o primeiro servizo de quíntuplo play do mercado a nivel mundial que aproveita os avances e innovacións tecnolóxicas da banda larga fixa e móbil. Deste xeito, o novo servizo será pioneiro e único no mundo polas súas características.
Movistar Verisure Hogar ofrece ao cliente servizo de S.O.S. 24 horas, 365 días atendido por Verisure, control de accesos e cámaras de video con gravación remota, e estará dispoñible a partir do 17 de xuño e en exclusiva, para os clientes con banda larga de Movistar, por 16 euros/mes de cota de servizo, máis outros 9 euros/mes polo aluguer do equipamento (IVE incluído). O propio usuario poderá instalalo na súa casa, ademais de autoxestionar o servizo grazas á aplicación aloxada no seu smartphone, e poderá probalo de balde sen compromiso durante 14 días.
Movistar Verisure Hogar inclúe control dos accesos ao fogar autorizados e non autorizados; control de presenza; vídeo cámaras, servizo de resposta inmediata para emerxencias e control remoto dende a APP instalada no smartphone do usuario. E todo iso, grazas á conexión permanente á fibra ou ao ADSL de Movistar e a un sistema de transmisión imposible de bloquear pioneiro no mercado, e que proporciona a empresa francesa SigFox, participada entre outras por Telefónica.
O único requisito indispensable para gozar do servizo é ser cliente de banda ancha de Movistar en calquera das modalidades de Movistar Internet e Movistar Fusión, xa que o sistema necesita conectividade para a transmisión das imaxes gravadas pola cámara. Para contratar Movistar Verisure Hogar abonda con chamar o 1004 ou acudir a calquera tenda da rede da compañía.

Luis Miguel Gilpérez, presidente de Telefónica España

Movistar Verisure Hogar consta dos seguintes compoñentes:
- Unidade central
- Detector de inhibición; que detecta que alguén está a intentar inhibilo e transmite o aviso enviando ao usuario unha notificación na App para que actúe en consecuencia.
- Sensor de porta
- Cámara FHD con gravación en remoto.
- Dous mando-chaveiros: Cada un incorpora un botón S.O.S., que ante calquera emerxencia dentro do fogar, o cliente preme e un operador de Verisure lle atenderá as 24 horas do día
- Unha placa disuasoria
Unha vez instalado na casa, o usuario poderá gozar do servizo a través da aplicación e terá a posibilidade de configurar as alertas e avisos en tempo real que desexe ter, así como establecer que persoas están autorizadas para acceder ao espazo protexido, de tal forma que cando algún deles entra na casa o sensor da porta o detecta e se activa a cámara que grava e almacena as imaxes. O cliente recibe unha notificación coa gravación do vídeo no seu smartphone, pois a aplicación é capaz de transmitir tanto as imaxes da vivenda en tempo real coma as secuencias gravadas na nube.
Se pola contra entra na casa alguén non autorizado, o sensor fai que salte a serea e a cámara capta as imaxes e grávaas nun servidor seguro. Nese momento Verisure chama o cliente, que recibe unha notificación co vídeo e decide como actuar. Verisure, que presta o servizo e é o seu responsable legal, deseñou e fabricou para os clientes de Telefónica todo o equipamento e desenvolveu a aplicación móbil de xestión, ademais de poñer atención ao cliente.
Pola súa banda, Movistar comercializa en exclusiva e a través de calquera das súas canles o servizo, ao que proporciona a base tecnolóxica da Fibra ou ADSL e a conectividade móbil; Ademais de Movistar Verisure Hogar, Movistar comercializará tamén a alarma de Securitas Direct, que cobre outro segmento do mercado composto polos que precisan un servizo de alta seguridade. Os clientes de Movistar poderán contratalo nas canles comerciais da compañía a un prezo exclusivo de 39 euros/mes máis 200 euros de equipamento extra, sendo esta a mellor oferta dispoñible no mercado.


Vídeo de presentación de Movistar Verisure Hogar

PUBLICIDADE