Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Telefónica unificará as chamadas metropolitanas e provinciais baixo unha mesma tarifa

xoves 2 de xullo do 2009, por Marcus Fernández | Enviar por e-mail | Chuza! | Compartir

A partires do vindeiro 1 de outubro Telefónica unificará as tarifas metropolitanas e provinciais segundo un documento interno da compañía, medida que afectaría a 4 millóns de liñas que non teñen contratado ningún tipo de servizo adicional.
Este esquema tarifario é o utilizado en países coma Alemaña, Francia, Italia ou Portugal, e suporá un cambio de prezos que reducirá o das chamadas provinciais aínda que incrementar o establecemento de chamada a 10 céntimos (fronte os 7,2 das chamadas locais e os 9,2 das provinciais).
Coas novas tarifas as chamadas metropolitanas e provinciais custarán 1,5 céntimos/minuto en horario comercial (de 8:00 a 20:00 horas de luns a venres) e 0,6 céntimos/minuto en horario reducido. Así, teriamos un incremento de prezo do 7% en chamadas locais en horario comercial, mentres que no resto de chamadas reduciríanse o prezo ata un 80%.
O cambio de tarifas non será percibido por preto dos 5 millóns de liñas con ADSL que hai na actualidade, que gozan de tarifa plana, e que na actualidade xeran o 65% do tráfico en telefonía fixa.

Publicidade:



Caixa Galicia













Revista en PDF:
Descárgaa xa