The Phone House sinala unha grande dependencia dos galegos ao móbil

xoves, 18 de decembro do 2014 Marcus Fernández

A cadea de tendas de telefonía The Phone House inaugura estes días unha tenda na Avda. Castrelos de Vigo, e para celebralo está a ofrecer como promoción de apertura un desconto de até 100 euros aos clientes que se acheguen até este novo centro. No novo establecemento pode atoparse unha ampla gama de teléfonos, tabletas e operadores a prezos moi competitivos, así como un servizo integral que vai dende o servizo e asistencia durante a vida dos dispositivos até o consello para atopar a mellor solución ás nosas necesidades.
Para chamar a atención sobre esta apertura, dende The Phone House quixeron destacar uns datos extraídos dun estudio sobre hábitos de consumo realizado por eles: máis do 60% dos galegos leva o móbil ao baño e preto do 40% confesa non poder vivir sen el.

PUBLICIDADE