Torrex Pro podería funcionar en Xbox One a partires do verán

luns, 23 de maio do 2016 Marcus Fernández

O xestor de descargas para a rede BitTorrent Torrex Pro, que actualmente está dispoñible por 7,89 euros como aplicación universal para Windows 10, Windows 8.1 e Windows Phone 8.1, actualizouse a pasada fin de semana que podería parecer unha simple corrección de erros habitual, pero que desvelaron que se trata da preparación desta ferramenta para a chegada da tenda de aplicacións de Windows 10 á Xbox One, o que podería supor un importante paso para a consola de Microsoft.
Actualmente Torrex Pro ofrece descargas en segundo plano no PC (pero coa actualización prepárase para facelo tamén en dispositivos móbiles cando chegue a actualización de aniversario de Windows 10 prevista para o verán), integra un reprodutor multimedia con soporte de streaming para poder escoitar música e ver vídeos cando aínda non rematou a súa descarga, pode reproducir música en segundo plano e soporta calquera ficheiro torrent, así como ligazóns magnet. De poder levarse estas funcionalidades á Xbox One sería toda unha revolución para os que empreguen a consola doméstica a xeito de reprodutor multimedia, achegándose moito ao que sería ter un ordenador completo conectado ao televisor.

PUBLICIDADE