Trunfa en Indiegogo unha baterÃa externa que pode cargar incluso ordenadores portátiles
venres, 19 de agosto do 2016
Nos últimos anos cobraron grande popularidade as baterÃas
externas, que permite recargar os nosos dispositivos móbiles, pero por desgraza
limÃtanse a trebellos que poden achegar a carga por USB, de xeito que deixan
fóra ordenadores portátiles, cargadores de baterÃas de cámaras fotográficas e
outros dispositivos, e para superar tal carencia chega
a Indiegogo a baterÃa Omnicharge, que sorprende ao integrar dous portos USB
de carga rápida (até 4,8 amperes) e unha toma de corrente para enchufes
estándar, de xeito que poderiamos conectarlle practicamente calquera trebello.
Esta revolucionaria baterÃa externa conta cun deseño compacto, unha pantalla
OLED con información sobre a carga en tempo real, opción para carga sen fÃos,
opción para carga a través dun conector tradicional ou unha toma USB-C, opción
para elixir entre un enchufe americano ou europeo e dous modelos con distintas
capacidades. Por unha banda estarÃa a baterÃa
Omnicharge con 13.600 mAh de capacidade, que poderÃa cargarse en só 2 horas
e poderÃa achegar até 65 watts a través do seu enchufe tradicional, mentres que
a baterÃa Omnicharge PRO chegarÃa até os 20.400 mAh, tardarÃa 3 horas en
cargarse e poderÃa entregar até 100 watts de corrente alterna, o que servirÃa
para alimentar moitos dispositivos (non só cargadores de baterÃas e pequenos adaptadores
de corrente) como ordenadores portátiles.
O prezo da baterÃa Omnicharge estándar serÃa de 109 dólares, mentres que a
Omnicharge PRO custarÃa 139 dólares, tendo que engadir 18/24 euros de gastos de
envÃo, de xeito que custarÃan 112 e 144 euros respectivamente, prezos bastante
inferiores aos que pretenden ter estes dispositivos cando cheguen ao mercado,
de aà que non sorprenda que xa superasen o millón de dólares na súa campaña de
micromecenado, quedando 17 dÃas para completala e tendo que agardar os mecenas
ao mes de outubro para comezar a recibir estas atractivas baterÃas portátiles.
- Ao contar cunha toma de corrente estándar as baterÃas Omnicharge poder cargar practicamente calquera trebello
VÃdeo de presentación das baterÃas Omnicharge