Twitch impón unha normativa sobre a vestimenta provocativa

martes, 28 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Usuarios como Alinity conseguiron certa sona polo seu atractivo físico, algo que parecen querer evitar en Twitch

Aínda que o futuro de Twitch tras a súa compra por parte de Amazon continúa a ser unha incógnita, parece que se preparan cambios no servizo, ou cando menos pretenden que no mesmo impere o sentido común, e veñen de actualizar as súas normas de conduta incluíndo unha sección sobre vestimenta apropiada, na que aseguran que aínda que a xente friki sexa sexy, o obxectivo de Twitch é centrarse nos xogos e non nos corpos dos xogadores.
Deste xeito prohiben aparecer nas retransmisións sen roupa ou con roupa suxestiva (roupa interior, traxes de baño...), detallando incluso a prohibición dos torsos espidos, tanto masculinos coma femininos. Dado que en certas condicións resulta complicado xogar con camiseta por facer moita calor, dende Twitch lembran que para cumprir as súas normas chega con centrar a cámara na cara do usuario en vez de no seu corpo e aseguran que este novo detalle nas súas normas é máis unha aclaración dunha dúbida recorrente que unha nova norma.

En Twitch hai certos usuarios que explotan a súa imaxe física para gañar seareiros

PUBLICIDADE