Twitter abre a posibilidade de recibir mensaxes directas de calquera usuario
luns, 20 de abril do 2015
AÃnda
que Twitter é unha plataforma de comunicación social principalmente asimétrica,
na que pode seguirse a outros usuarios publicamente sen reprocidade de ningún
tipo, para as comunicacións privadas era preciso que as persoas que
intercambiasen mensaxes se seguisen respectivamente, principalmente como unha
medida para protexer a intimidade e evitar o spam, pero agora están
a mudar o xeito de mandar mensaxes directas, de xeito que na sección de
configuración será posible activar a posibilidade de recibir mensaxes privadas
de calquera.
Estamos ante unha opción que nun principio non interesará a usuarios
particulares, pero pode resultar de grande interese para empresas e entidades,
que teñen asà unha nova canle de comunicación privada, máis áxil que o correo
electrónico e cunha grande proximidade, que agora resultará moito máis doada de
xestionar, xa que as marcas non precisarán de seguir aos seus usuarios para que
estes poidan mandarlles mensaxes directas.
- As marcas poderán permitir agora que calquera usuario de Twitter poida remitirlles mensaxes directas