PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Twitter ampliará a súa oferta de idiomas

venres 9 de outubro do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

PNG - 38.7 KB
O español é unha das falas ás que están a adaptar a Twitter

Cando accedemos a Twitter atopamos que nas súas opcións de idioma só podemos elixir entre inglés ou xaponés, o que resulta un tanto rechamante, e que poderá cambiar en breve segundo anuncian no blog corporativo da compañía de microblogging, xa que abriron unha ferramenta de tradución do seu sistema (que funciona coa colaboración de usuarios selectos) de xeito que nun primeiro momento poderemos gozar de versión de Twitter en francés, italiano, alemán e español, para pasar máis adiante a aplicarse a outras linguas (aínda que sorprende que identifiquen coma linguas o catalán de Valencia e ao éuscaro, mentres esquecen ao galego).
Polo momento non concretaron cando poderemos acceder a Twitter en español.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS