Twitter comeza a integrar reprodución músical na propia cronoloxÃa
venres, 17 de outubro do 2014
Twitter está a experimentar grandes cambios, que son
recibidos con diverso nivel de aceptación, xa que non sempre parecen ir en
beneficio do usuario, e parecen máis destinados a facilitar a explotación
económica desta plataforma social que aÃnda non ten un modelo de negocio
establecido. Asà temos como esta semana estrean unha funcionalidade bastante
agradable que consiste na posibilidade de inserir
audio directamente nas cronoloxÃas, o que poderá experimentarse incluso en
dispositivos con iOS e Android.
As tarxetas sonoras de Twitter permite que cando esteamos a navegar polo timeline podamos iniciar a reprodución
dun tema musical (inicialmente só hospedado no servizo SoundCloud) e continuar
a lectura mentres a canción continúa reproducÃndose de fondo.
Esta interesante funcionalidade está limitada polo momento a un grupo selecto
de medios e artistas como o Washington
Post, David
Guetta ou Gilberto Gil,
agardándose que cada vez chegue a máis medios e creadores no futuro, para que
poidan compartir audio para os millóns de usuarios de Twitter, non estando provisto
que vaia ser algo que poida facer os usuarios ordinarios en breve.
Pero o que está a dar máis que falar estes dÃas sobre a polÃtica de Twitter é
que veñen de recoñecer que están a experimentar coa cronoloxÃa dos usuarios, no
que aseguran que é unha mellora ou evolución da mesma, e que consistirá en que,
de cando en vez, Twitter
elixirá algún chÃo de xente á que non seguimos e inserirana entre as nosas
lecturas por considerar que pode ser do noso interese. Pode parecer un
xeito máis de incluÃr contido patrocinado sen indicalo expresamente, o que
serÃa bastante molesto, polo que haberá que agardar para ver o que realmente
fan con este experimento que poderÃa non chegar a todos os usuarios nesta fase
de probas.