Twitter incorporará stickers ás súas aplicacións móbiles

luns, 27 de xuño do 2016 Marcus Fernández

A sombra de Snapchat é alongada, e finalmente Twitter deixouse seducir e hoxe anuncia a incorporación de adhesivos (stickers) nas súas aplicacións móbiles, de xeito que cando subamos imaxes a Twitter podemos adornalas con divertidos adhesivos decorativos para facelas máis persoais e divertidas.
Esta solución contará cun grande catálogo de adhesivos, que incluirán centos de accesorios, emoticonas e motivos decorativos, podendo colocar varios na mesma foto, definindo a súa posición, o seu tamaño e incluso podendo rotalos.
Os adhesivos serán sensibles ás buscas, comportándose dun xeito semellante aos cancelos, de xeito que poderemos atopar conversas que empreguen un adhesivo determinado.
Esta nova funcionalidade chegará ás aplicacións de Twitter para iOS e Android nas vindeiras semanas, e as fotografías cos adhesivos tamén serán visibles e interactivos en Twitter.com.

PUBLICIDADE