Twitter quere celebrar o noso aniversario

martes, 7 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Nas últimas horas Twitter fixo un pequeno cambio nos perfís dos seus usuarios, que poden por fin editalos para incorporar un novo dato sobre a súa persoa: a data de nacemento. Esta nova opción busca axudar a celebrar os nosos aniversarios, de xeito que se no día en cuestión quen visite o noso perfil de usuario verano decorado de xeito festivo, para dar conta de que estamos de festa.
Como vén a ser habitual neste tipo de servizos, é posible indicar o día e o mes do noso aniversario sen marcar o ano, e este tipo de información é totalmente opcional, podendo configurarse incluso o nivel de privacidade do día e do mes do noso aniversario e do ano por separado, para que decidamos se tal información é de dominio público, só para os nosos seareiros, para a xente que seguimos, para os que se seguen reciprocamente ou só para o propio usuario.

O noso perfil en Twitter estará de festa o día do noso aniversario

PUBLICIDADE