UE Roll, o altofalante Bluetooth ideal para o verán
martes, 16 de xuño do 2015
Ultimate
Ears, marca de Logitech especializada en auriculares e outros produtos de son, presenta
un novo produto para arrasar este verán, o UE Roll, un altofalante
Bluetooth sen fíos, cunha sorprendente forma circular que busca crear unha
experiencia sonora de 360 graos, e que está preparado para levar enriba,
resistindo auga (conta con certificación IPX7) e un uso diario bastante
agresivo, pensando en empregarse para poder gozar da música durante actividades
ao aire libre.
O UE Roll comunícase por Bluetooth co noso smartphone (até a 20 metros de
distancia), contando tamén cunha aplicación oficial para iOS e Android (o que
permitiría o seu acendido e apagado remoto, empregar o altofalante como
espertador ou incluso o emparellamento de varios altofalantes de Ultimate Ears
para que todos reproduzan a mesma música e así converter o ambiente nunha
auténtica festa).
O altofalante pode pendurarse cunha correa da nosa roupa, dunha mochila... e a
súa batería achega unha autonomía de até 9 horas, polo que debería ser dabondo
para as nosas saídas a exteriores. Estará dispoñible en varias cores e deseños
a un prezo de 99,99 dólares, esperando que chegue a Europa este mesmo mes. Os
primeiros compradores do UR Roll recibirán de balde un Floattie, ou sexa, un pequeno flotador que facilita o uso do
altofalante na auga.
- Un flotador facilita o uso do UE Roll na auga
Vídeo promocional do UE Roll