Ubisoft ofrece de balde Assassin’s Creed III para PC

mércores, 7 de decembro do 2016 Marcus Fernández

Dende o mes de xuño Ubisoft comezou a celebrar o seu 30º aniversario regalando un xogo de balde a través do Ubisoft Club, de xeito que os usuarios que o desexen poderán incorporalos á súa biblioteca de xogos para PC en Uplay, comezando polo clásico Prince of Persia: The Sands of Time, aos que seguiron Spinter Cell, Rayman Origins, The Crew, Beyond Good & Evil e Far Cry 3: Blood Dragon, para pór peche á promoción todo un título de primeira liña: Assassin’s Creed III.
Durante preto dun mes será posible acceder a esta promoción de Ubisoft para poder gozar de Assassin’s Creed III para PC completamente de balde, xogo que levou a acción ao outro lado do Atlántico (en plena Guerra da Independencia dos EE.UU.), o que provocou certo rexeitamento por parte do público (afeito a unha ambientación máis clásica), pero que por outra banda foi o que estreou un modo de xogo naval que provocou que Assassin’s Creed IV: Black Flag fose un xogo de piratas.

O protagonista de Assassin’s Creed III é un nativo americano en plena Guerra da Independencia

PUBLICIDADE