Ubisoft rebaixa moitos dos seus mellores xogos durante esta fin de semana

venres, 18 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Esta fin de semana os xogadores que gusten dos títulos de Ubisoft poden aproveitar unha importante promoción que lanzan a través da Humble Store (de xeito que o 10% dos ingresos van parar a entidades benéficas) que permite facerse con moitos dos seus grandes títulos para PC descargables a través de UPlay con descontos de entre o 25 e o 75%.
Temos así que o recente South Park: The Stick of Truth pode adquirirse por 26,66 euros, Assassin’s Creed IV: Black Flag por 14,99 euros, Far Cry 3 por 4,99 euros, Splinter Cell: Blacklist por 7,49 euros, Rocksmith 2014 por 12,49 euros, Assassin’s Creed Liberation HD por 9,99 euros e incluso Rayman Legends por só 7,49 euros, entres outros, polo que é unha excelente oportunidade para incorporar xogos de calidade á nosa colección.

PUBLICIDADE