Ultra Street Fighter IV chegará á PS4 o 26 de maio
venres, 17 de abril do 2015
Mentres seguimos á espera de saber cando chegará á
PlayStation 4 o agardado Street Fighter V,
Capcom confirma a data de lanzamento da súa anterior entrega á última consola
doméstica de Sony, de xeito que o
26 de maio é o dÃa elixido para que Ultra
Street Fighter IV chegue en formato dixital á PS4, permitindo asà gozar
de todos os personaxes, niveis e contidos descargables publicados durante os
últimos anos para a versión de PS3 do xogo, á vez que se goza dunha revisión do
xogo lixeiramente mellorada, o que notarán os usuarios máis profesionais, xa
que a optimización vai dirixida principalmente a reducir os retardos propios
entre a pulsación dos controis e a súa resposta.
O xogo comercializarase inicialmente só en formato descargable, non estando
previsto polo momento a súa venda en tendas fÃsicas, o que ten bastante sentido
se temos en conta que estamos ante un xogo pensado unicamente para que os
incondicionais da saga non teñan que alternar entre dúas consolas para seguir
gozando dun xogo que perderá o seu interese en poucos meses, cando chegue o seu
sucesor.