Un fallo de seguridade ameaza a millóns de smartphones con Android

martes, 29 de xullo do 2014 Marcus Fernández

A empresa de seguridade informática Bluebox Security descubriu hai pouco un fallo de seguridade de Android, que permite suplantar as identidades das aplicacións, de aí que o chamen Fake ID, e que permitiría que aplicacións mal intencionadas sexan recoñecidas como aplicacións de confianza e así poder realizar accións sen o consentimento do usuario (como roubar información persoal).
Un dos detalles máis preocupantes de Fake ID é que esta vulnerabilidade está presente dende Android 2.1 até Android 4.4, e para poder solucionalo Google produciu xa un código xenérico que subministrou aos fabricantes de smartphones, para que agora poidan incorporalo ás actualizacións que se distribuirán a través dos distintos operadores móbiles, proceso que deixa a millóns de dispositivos vulnerables en todo o mundo, e que en moitos casos quedarán sen solucionarse, xa que son moitos os terminais que carecen de soporte técnico.

PUBLICIDADE