Un proxecto galego opta ao premio da Startup Weekend Battle

mércores, 27 de xullo do 2011 Marcus Fernández

O equipo de Live the Place gañou a II edición do Startup Weekend Galicia

A comezos de mes celebrouse en Vigo a II edición do Startup Weekend Galicia, evento no que resultou gañador o proxecto Live the Place, unha aplicación móbil que permite compartir aventuras apoiándose na xeolocalización para, por exemplo, percorrer os lugares nos que se rodou unha película (permitindo tamén crear aventuras de seu, que poidan compartirse a título persoal ou como accións promocionais de marcas), que estivo presente no II Encontro Vindeira Capital Network o paso día 7 e agora sabemos que será o único proxecto español que poderá optar ao premio da Startup Weekend Battle ao que se presentan 53 proxectos de toda Europa.
Na primeira fase deste premio é posible votar aos proxectos a través da Internet, proceso do que sairán un grupo de finalistas que participarán na final que se celebrará en Londres e na que se escollerá ao mellor proxecto europeo de todos os Startup Weekend.


Presentación do proxecto

PUBLICIDADE