Unha aplicación móbil achéganos á obra Sempre en Galiza

mércores, 16 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Para celebrar o 70º aniversario da edición de Sempre en Galiza o Consello da Cultura Galega e a Editorial Galaxia xuntaron forzas para desenvolver unha aplicación móbil que podemos instalar de balde en dispositivos con Android (polo momento a través dun paquete APK descargable e que máis adiante estará dispoñible en Google Play) e que facilita coñecer en profundidade o libro de Castelao, ver a análise que del fixeron especialistas e incluso explorar as propias imaxes que se conservan do político e artista natural de Rianxo.
Esta ferramenta que tamén inclúe artigos da gran edición crítica elaborada polo Parlamento da man de destacados especialistas como Ramón Máiz, Henrique Monteagudo ou Xusto Beramendi, tamén estará en breve dispoñible para iOS, facendo posible que dada vez un público máis amplo poida entender mellor a xénese e o significado desta obra de Castela que está considerada como o testamento vital e político desta figura imprescindible da nosa cultura.

PUBLICIDADE