Unha aplicación para Android facilita o acceso remoto aos nosos ordenadores

mércores, 16 de abril do 2014 Marcus Fernández

Para facilitar o acceso remoto ao ordenador dende dispositivos móbiles Google estreou hoxe a aplicación para Android 4.0 ou superior de Chrome Remote Desktop, que permite acceder de xeito seguro ao ordenador, para o que antes hai que configurar o acceso remoto mediante a aplicación correspondente a través da Chrome Web Store.
Este servizo de acceso remoto está dispoñible para equipos con Windows, OS X ou Linux que teñan instalado o navegador web Chrome, resultando de grande utilidade para poder realizar asistencias a distancia, o que agora pode facerse incluso dende un smartphone con Android. Está previsto que a nova aplicación para Android estea tamén dispoñible para iOS este mesmo ano.

PUBLICIDADE