Unha carcasa caseira fai portátil a Xbox One

luns, 15 de setembro do 2014 Marcus Fernández

A modificación de ordenadores e consolas de videoxogos (modding) é algo doado de ver en calquera LAN Party, pero algúns especialistas na materia están a conseguir grandes logros, por exemplo, ao conseguir converter en portátiles a consolas domésticas, sendo a última máquina en pasar por tal proceso a Xbox One de Microsoft, que Ed Zarick conseguiu transformar valéndose de impresoras 3D, lasers e moito tempo. Creou así a Xbook One, unha carcasa que permite colocar no seu interior unha Xbox One á que lle engade nova refrixeración e unha pantalla Full HD de 22 polgadas. Por desgraza, esta solución só fai a consola transportable, xa que non inclúe baterías externas.
O prezo da Xbook One sería de 1.095 dólares (845,63 euros), podendo mercarse tamén a en versións que xa integran a consola de Microsoft con ou sen Kinect, solución da que gustarán os que queiran levar a súa consola de viaxe e non queiran depender da dispoñibilidade de televisores nos que poder conectala.


Vídeo de presentación da Xbook One

PUBLICIDADE