Unha compañía da India prepara unhas zapatillas deportivas con vibración

xoves, 24 de xullo do 2014 Marcus Fernández

A tecnoloxía para vestir non se limita a reloxos conectados e lentes, senón que pode chegar moito máis adiante, como demostran dende a compañía da India Ducere Technologies, que a partir de setembro pretende pór á venda calzado deportivo con conectividade Bluetooth, que tería un prezo superior aos 100 dólares, e que podería sincronizarse con Google Maps a través dunha aplicación móbil para poder notificar ao seu usuario cando e onde ten que xirar (mediante vibracións) para pode chegar ao seu destino, evitando así ter que mirar a pantalla do móbil mentres se fai exercicio.
Deste xeito, se lle indicamos ao noso móbil un destino ao que queremos ir a pé, en cada intersección vibrará a zapatilla esquerda ou a dereita en función do desvío que deberiamos tomar, o que pode resultar unha solución tecnolóxica bastante prescindible (pois limitaríase a ser un complemento máis para toda a serie de trebellos deportivos que hai actualmente no mercado), pero que podería ter usos futuros moito máis interesantes, como poder guiar a persoas con eivas visuais para moverse pola rúa evitando obstáculo (xa que non só vibraría o seu bastón, senón que tamén terían información sobre se ter que desprazarse a un lado ou a outro para esquivalo).


Vídeo de presentación da tecnoloxía de Lechal, nacida da compañía Ducere Technologies

PUBLICIDADE