Unha nova páxina web recolle o patrimonio toponÃmico de Galicia
martes, 11 de maio do 2010
O conselleiro de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso
Rueda, presentou hoxe a páxina web do Proxecto Toponimia dentro dunha
iniciativa que ten como principal obxectivo axudar a salvagardar o riquÃsimo
patrimonio cultural galego a través da recuperación da toponimia da Comunidade
Autónoma.
Esta nova páxina web supón un chanzo máis
nos labores de recuperación que están a levar a cabo os responsables do
proxecto, que arrancou no ano 2000 e que se leva a cabo a través de enquisas
realizadas polos técnicos sobre o terreo, aldea por aldea, situando a
información recollida sobre fotografÃas aéreas.
Até o momento, tense
traballado sobre 168 concellos e completouse a recompilación de datos en máis
dun cento deles, o que se traduce en case 400.000 topónimos que xa se poden
consultar na páxina web. Xa se ten recollido información de máis dun terzo do
territorio galego e o obxectivo é chegar a cubrir a metade de toda a Comunidade
ao longo deste ano 2010.
A información sobre
toponimia xerada no proxecto non consiste só nunha simple listaxe de
nomes, clasificados por concellos e parroquias, senón que o uso de técnicas
cartográficas avanzadas e as novas tecnoloxÃas permiten que teña aplicación
práctica para organismos públicos, entidades privadas e particulares que
xestionan o territorio.
Dese xeito, amais de
contribuÃr decisivamente á conservación do patrimonio cultural de Galicia
a través da recuperación e ordenamento dos seus topónimos, permite aplicacións
prácticas dos resultados do proxecto na elaboración de cartografÃa, na xestión
das emerxencias ou no planeamento urbanÃstico.
Do traballo que se leva
feito ata o momento, despréndese que a densidade media é de 36 topónimos por
quilómetro cadrado, sendo a máis elevada ata agora en Cangas (182 topónimos por
quilómetro cadrado). O nome que máis se repite, a falta de completar o traballo
de campo en todos os concellos de Galicia, é o de A Cortiña, do que xa se levan
rexistrados 1.165 casos.