Unha reclamación de Ramoncín leva ao peche da canle de El Jueves en YouTube
mércores 11 de novembro do 2009, por | |
| Compartir |

- Unha das parodias de Ramoncín publicadas por El Jueves
Dende a revista El Jueves sorprende ao anunciar que veñen
de cancelar a súa canle en YouTube por «orde
dunha asesoría xurídica que vela polo respecto na Rede do seu cliente», o
cantante Ramoncín, o que leva á publicación a optar por utilizar o servizo de
vídeos DailyMotion, no que pensan publicar os contidos censurados, á vez que tamén emprenderán unha serie de trasnadas,
cargando semanalmente vídeos de Ramoncín a YouTube para ver o que duran.
Hai meses a Fox realizou unha reclamación de copyright por un vídeo con imaxes da serie dos Simpson sobre a que
fixeron unha dobraxe dende El Jueves,
pero ao denunciar 2 vídeos Ramoncín (nos que parece ser que non se lle
insultaba, senón que se lle parodiaba ao falar de temas coma o P2P) sumaban 3
reclamacións, ante o que YouTube, en vez de borrar os vídeos problemáticos,
opta polo borrado total da canle en cuestión, sen contactar antes coa
publicación, o que parece unha medida moi drástica, pero que responde ás
propias normas do servizo, que parece ser bastante vulnerable, aínda que dende
YouTube aseguran que El Jueves aínda
pode facer unha contranotificación
se considera que conta cos dereitos para o uso dos vídeos.
Aínda que un dos vídeos denunciados por Ramoncín
recente (un par de semanas) o outro
levaba na Internet 3 anos, polo que sorprende que tomasen medidas
contra o mesmo agora, aínda que resulta máis abraiante
que YouTube decidise optar por suprimir unha canle con máis de 100 vídeos e 800
subscritores ante unha reclamación puntual sobre a que claramente
podería haber discusión (non foi un xuíz o que solicitou a retirada dos vídeos,
senón unha asesoría xurídica).
Vídeo no que dende El Jueves explican o acontecido
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














