Veo7 estreará un programa centrado en Twitter
luns 15 de marzo do 2010, por | |
| Compartir |

- Melchor Miralles conducirá o novo espazo televisivo
A canle de
televisión Veo7 continúa a súa aposta por Twitter, e tras lanzar
unha páxina web twitter-céntrica,
sorprenden agora anunciando que o vindeiro xoves 18 de marzo ás 0:00 horas van
estrear un programa semanas de 1 hora de duración chamado Twision (Tu Visión) e no que falarase de Twitter,
facendo aos espectadores partícipes deste espazo.
O novo programa de televisión estará presentado por Melchor Miralles,
un tuiteiro convencido e director de
Veo Televisión, quen estará acompañado por Javier
Abrego e un par de colaboradoras femininas, con presenza activa en
Twitter, e das que aínda non confirman os nomes.
Aínda que outros programas de televisión aproveiten ultimamente o poder das
redes sociais para achegarse á audiencia, nesta ocasión destaca que unha
plataforma deste tipo sexa a protagonista, polo que estariamos ante o primeiro
programa de televisión dedicado a Twitter en España.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68















