Vine pecha hoxe a súa rede social de vídeos

martes, 17 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

Como se adiantou hai un mes, hoxe é o día no que a aplicación de Vine deixará de funcionar como unha rede social de vídeos de curta duración para transformarse en Vine Camera, ou sexa, unha simple aplicación de cámara, matando así unha plataforma social con moito potencial que non soubo reter o talento e, por desatender aos creadores de contidos, foi perdendo pulo até ser irrelevante, de xeito que nos últimos temos os viners máis célebres foron mudando a YouTube, Faceboom e Instagram para chegar a un público máis amplo e ter mellores perspectivas de futuro (xa que confíanse en que todas estas plataformas de vídeo compensen economicamente aos creadores).
Neste momento a aplicación de Vine serve principalmente para rescatar os contidos que os usuarios tiveran publicados, de xeito que poden optar a descargar os seus vídeos no móbil ou xerar unha ligazón que enviar por correo electrónico para facilitar a súa descarga dende un equipo informático.
Os responsables de Vine aseguran que manterán os contidos actuais publicados en Vine para a súa reprodución na web, aínda que resulta evidente que esta cortesía non será eterna, de aí que resulte de tanta utilidade a posibilidade de descargar os contidos actuais en Vine para a súa preservación.

Nas últimas semanas a aplicación de Vine ten unha opción para rescatar os contidos compartidos a través desta ferramenta

PUBLICIDADE