Vitae organiza un novo curso para manexarnos na ciencia dos datos
xoves, 7 de marzo do 2019
Nesta
recta de final de inverno e xa cun pé na primavera, coma en calquera
época do ano, é importante que saibamos o que facer coa información
a todos os niveis. Se isto é relevante para o internauta de a pé,
sobre todo se quere ter sempre metodoloxías que lle axuden a separar
o miolo da palla (e tamén a clasificar, ordenar, xestionar), tamén
o é para as empresas, especialmente para as que manexan grandes
cantidades de coñecemento. Neste punto, é importante lembra que hai
unha cousa que se chama ciencia de datos. Ou sexa, recursos
que nos boten unha man poñendo orde nun punto que sempre muda,
medra e se renova: a información. Deste eido de investigación é do
trata o Curso
Ciencia de Datos con Excel, Power Bi e R, que organiza Vitae
Consultores os días 5, 6, 12 e 13 de abril. A actividade
formativa, que vai pola súa quinta edición, celebrarase en Vigo e
terá 20 horas de duración.
O
obradoiro, informa Vitae, servirá de apoio aos nosos profesionais
para mellorar o seu quefacer diario cos datos, o seu labor de análise
e investigación e, tamén, a práctica de tomar decisións e extraer
conclusións de valor.
Máis
polo miúdo, o curso preséntase como un xeito de prepararnos ante o
que está por vir: un estado de cousas no que nada medrará tanto e
en tan pouco tempo como o coñecemento e os acubillos que a recollen
e a transportan. Así, o curso subministrará aos asistentes
formación en conceptos e recursos como os usos e vantaxes dos
histogramas, os gráficos de Pareto, os boxplots ou o Teorema de
Bayes (que, na teoría da relatividade, emprégase decote para
revisar probabilidades previamente calculadas cando se posúe nova
información).
Segundo
Vitae, ao finalizar a actividade formativa de estatística aplicada
os asistentes contarán con novos e cruciais coñecementos e
habilidades no eido da ciencia dos datos. Cales son as principais
vantaxes disto? Pois, en palabras da consultora, os profesionais
estarán en disposición de tomar as mellores decisións, por estar
máis e mellor informados, e contarán cunha “sólida experiencia
en estatística e probabilidade básica, o que axudará a unha mellor
comprensión dos datos”.
Os
obxectivos concretos do curso son: achegar formación avanzada en
estatística (estatística descritiva, probabilidade básica,
variábeis aleatorias, probas e intervalos de confianza, probas de
hipóteses), visualización de datos con Excel e Power BI,
coñecemento da ferramenta libre R para a análise de datos e
visualización.
O
profesional que impartirá o obradoiro será novamente Antonio Soto
Rodríguez, enxeñeiro en Informática de Sistemas pola Universidade
da Coruña e profesional con máis de dúas décadas de experiencia
como consultor técnico experto e certificado, achegando formación
na Universidade Microsoft e a empresas e organismos como a NASA,
NASDAQ, PEMEX, SERGAS, Citroen, CEAGA, Inditex, Ferroplast, Banco
Popular, ABANCA, Xunta de Galicia ou Abertis.