Watch Dogs 2 amosa a súa historia nun novo tráiler

venres, 23 de setembro do 2016 Marcus Fernández

O 15 de novembro chegará a PS4, Xbox One e PC o xogo Watch Dogs 2, título de mundo aberto ambientado na área da baía de San Francisco, ou sexa no paraíso dos hackers, buscando así animar a historia do novo protagonista, Marcus Holloway, un membro do colectivo DedSec, do que por fin sabemos máis grazas ao novo tráiler que revela a historia da nova aventura.
Agora coñecemos un chisco quen é Holloway e quen son os seus compañeiros (Sitara, Wrench, Josh e Horatio), uns activistas que loitan contra o uso da tecnoloxía como método de vixilancia e control da poboación. O principal obxectivo de DedSec será Blume Corporation, a entidade que creou o ctOS que automatiza a cidade e para a que traballa como director tecnolóxico Dusan Nemec, antagonista deste prometedor xogo.

Tráiler coa historia de Watch Dogs 2

PUBLICIDADE