WeKCo acollerá unha xornada sobre innovación social en formato Pecha Kucha

mércores, 22 de outubro do 2014 Marcus Fernández

O vindeiro martes 28 de outubro, de 18:30 a 20:30 horas no espazo de coworking WeKCo na Avda. Novo Mesoiro da Coruña desenvolverase unha actividade dentro do programa Faite Dixit@l! que consistirá nunha tertulia dixital na que partirá dunha serie de presentacións en formato Pecha Kucha (contarase só con 6 minutos para expor cada idea) nas que lanzarán ideas chave sobre as que debater e compartir coñecemento da innovación social dende múltiples vertentes creativas, achegando coñecemento e experiencias.
Este será o único evento que se realizará fóra dos centro CeMIT dentro deste proxecto desenvolvido por FUNDETEC co patrocinio do Fondo Social Europeo, e retransmitirase a través de streaming para que poida seguirse dende calquera parte, mentres que os interesados en participar presencialmente deberán inscribirse previamente xa que o número de prazas desta xornada son moi limitadas.
Os relatores serán Fernanda Jaramillo (Social&Tech), Juan Diego Pereiro Areán (WeKCo), Carmela Sánchez Arines (Etnoga Patrimonio Cultural, S.L.), David Trillo (City-Juice Smart Cities), Óscar Blanco (PARNETTIC 2) e Carmen Suárez (Aula CeMIT de San Sadurniño).

Seis relatores compartirán as súas experiencias en formato Pecha Kucha

PUBLICIDADE