Western Digital lanza un disco duro externo pensado para a reprodución multimedia
xoves 11 de marzo do 2010, por | |
| Compartir |
Os discos duros
externos de 2,5 polgadas gozan de grande popularidade por combinar unha
capacidade relativamente boa cun tamaño e un peso reducidos, de aí que sexan
soportes moi empregados para transportar contidos multimedia, e sabedores de
tal, dende Western Digital presentan o seu disco My
Passport AV, que cunha capacidade de 320 Gb e conexión USB 2.0,
resulta ideal para conectar a consolas de videoxogos, reprodutores de Blu-ray e
outros trebellos capaces de reproducir contidos multimedia dende fontes
externas.
O
seu prezo de venda será de entre 90 e 100 euros, aínda que cómpre
destacar que non parece haber ningunha diferenza significativa entre esta
unidade e outros discos externos que hai no mercado, agás polo feito de que
inclúe un soporte que facilita a súa colocación en vertical.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














