WhatsApp Web xa é compatible con Microsoft Edge

venres, 5 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

Nos últimos meses o achegamento de WhatsApp aos escritorios informáticos foi mellorando a pasos axigantados grazas á evolución constante de WhatsApp Web, solución que facilita o acceso remoto ao WhatsApp instalado no noso móbil a través dunha páxina web, e esta solución que é compatible coas numerosas plataformas móbiles nas que está dispoñible WhatsApp (incluíndo iOS, á que chegou con certo retraso por mor de limitacións no sistema operativo do iPhone) si ten limitacións no que ao navegador web se refire, de xeito que na súa primeira versión só era compatible oficialmente con Google Chrome, para incluír logo soporte para Mozilla Firefox, Opera e Safari, aos que agora incorpórase tamén Microsoft Edge, de xeito que nos equipos con Windows 10 será posible gozar de WhastApp Web sen ter que instalar un navegador web adicional (continuando a ser o servizo incompatible con Internet Explorer).
Estamos ante o que podemos considerar unha grande nova, especialmente para usuarios que traballan en contornos empresariais, onde habitualmente non hai control sobre o software instalado nos equipos, de xeito que ter que empregar un navegador determinado para usar un servizo tende a ser un problema.

WhatsApp Web resulta práctico para poder acceder ao noso WhatsApp sen ter que abandonar o escritorio informático (así como para poder teclar mensaxes de certa lonxitude empregando un teclado físico)

PUBLICIDADE