WhatsApp comeza a impedir o seu uso a usuarios que non acepten as súas condicións
luns, 26 de setembro do 2016
Este verán foi moito o balbordo xerado ao redor do feito de
que WhatsApp mudase
as súas condicións de servizo para detallar as condicións nas que compartirÃan
a súa información con Facebook, e aÃnda que inicialmente ao disparar a
alerta do cambio das condicións do servizo aparecÃa unha opción na que permitÃa
adiar a toma da decisión, dende
a pasada fin de semana a aplicación deixa de permitir saltar as condicións de
uso de WhatsApp, de xeito que é obrigado aceptalas de querer seguir a usar
esta ferramenta de comunicación.
Cómpre lembrar que, tras aceptar as normas, segue a haber unha opción na
configuración de privacidade que permite limitar o xeito no que WhatsApp
comparte datos con Facebook, pero só en certos casos, pois non podemos esquecer
que Facebook é a compañÃa matriz de WhatsApp, e non parece ver con bos ollos
ter que establecer barreiras artificiais entre os seus distintos produtos de
cara á súa explotación comercial.
O paso adoptado por WhatsApp é o máis razoable, pois non terÃa sentido que a
compañÃa permitise que un usuario empregase a súa plataforma sen aceptar as
súas condicións de uso, e non parece que os cambios nas condicións estean a ter
ningún tipo de repercusión no volume de usuarios, xa que a migración a outras
plataformas non é unha opción razoable para a meirande parte dos usuarios, xa
que non se trata dunha decisión individual (xa que a ferramenta emprégase en
combinación con outros usuarios, e unha fuxida masiva é case imposible).