WhatsApp inicia a integración de texto enriquecido

xoves, 17 de marzo do 2016 Marcus Fernández

A aplicación de mensaxería instantánea de referencia en España, WhatsApp, está a premer o acelerador no seu programa de betas, de xeito que actualizase a aplicación cunha frecuencia bastante elevada, sorprendendo con cada vez máis novidades peses a que habitualmente estabamos ante unha ferramenta moi conservadora, e a última funcionalidade en integrarse en WhatsApp para os usuarios inscritos na beta ou que descarguen a aplicación de WhatsApp para Android da páxina web da compañía poderán gozar xa de texto enriquecido nas súas mensaxes.
Con esta nova funcionalidade será posible marcar texto entre os símbolos * e _ para que figuren en letra grosa e cursiva respectivamente, contribuíndo así a destacar ou matizar elementos dun texto, o que facilita a súa compresión. Aínda que o uso do texto enriquecido non resulte nin cómodo nin sinxelo coa fórmula adoptada, resulta axeitada por poder empregarse até cos teclados para Android máis básicos, de xeito que a súa implantación universal sería posible, aínda que resultará complicado comunicar entre os usuarios este xeito de formatar o texto.

PUBLICIDADE