World of Warcraft volve superar os 10 millóns de subscritores
xoves, 20 de novembro do 2014
O
pasado dÃa 13 saÃu á venda a expansión de World of Warcraft titulada Warlords of Draenor, que inclúe o
novo continente de Draenor (con 7 zonas e unha zona de xogador contra xogador)
e novos alxubes, xefes, modos de desafÃo, xestas, talentos de clase, modelos de
personaxe... que parece ser o sopro de aire fresco que o xogo multiusuario
masivo en liña precisaba para volver aos seus bos tempos, xa que as máis de 3,3
millóns de copias que vendeu a súa quinta expansión impulsou
o número de subscritores do xogo a nivel mundial para volver superar os 10
millóns, deixando claro que todos os xogos que se lanzaron nos últimos anos
para quitarlle a coroa terán que seguir a confirmarse coas migallas.
Esta expansión sitúa o nivel dos usuarios nun novo lÃmita (100), que estes dÃas
están perseguindo millóns de xogadores de todo o mundo, á vez que descobren as
moitas novidades que incorpora o xogo que pode mercarse na súa edición estándar
(en soporte fÃsico ou dixital) por 44,99 euros e nunha edición dixital de luxo
(que inclúe numerosos contidos adicionais) por 59,99 euros. Tamén pode atoparse
nas tendas unha Collector’s Edition a
un prezo de 79,99 euros que inclúe os contidos da edición dixital de luxo xunto
cun libro de ilustracións a toda cor e de tapa dura, un par de discos con
contido adicional, un CD coa banda sonora orixinal e unha alfombriña de rato do xogo.