Wuaki.tv ofrecerá contidos en ultra alta definición

mércores, 26 de novembro do 2014 Marcus Fernández

A plataforma audiovisual de contidos baixo demanda Wuaki.tv, tras adiantar no verán que ofrecería contidos en ultra alta definición e presentar a interface de usuario que inclúe o vídeo en 4K durante a celebración da feira IFA de Berlín, confirma que a partir de decembro estreará esta tecnoloxía en Alemaña e Francia, para engadir o soporte de vídeo en 4K en poucas semanas tamén en Reino Unido, Italia e España.
Dende Wuaki.tv confían en que os contidos en 4K gañen popularidade grazas en boa medida á renovación de televisores propia da campaña de Nadal, e grazas á redución de prezo dos televisores de ultra alta definición, que segundo vaian reducindo o seu prezo poden incrementar a demanda de contidos en altas resolucións. De feito, varios fabricantes de Smart TV inclúen xa a aplicación de Wuaki.tv integrada nos seus equipos, o que facilitará que os consumidores poidan tirar proveito das posibilidades das novas resolucións pese a que estean ausentes nas plataformas televisivas tradicionais.

PUBLICIDADE