Xa é posible xogar a Apalabrados en éuscaro (e pronto en galego)
venres, 10 de agosto do 2012
O popular xogo de Etermax para dispositivos móbiles, Apalalabrados, recibiu hoxe unha actualización da
súa versión para iOS, que mellora a súa seguridade, actualiza os
dicionarios de español e catalán e incorpora o éuscaro como idioma, de xeito
que chegan asà ás 12 linguas incorporadas a un tÃtulo que podemos considerar como
un fenómeno de escala global (o pasado mes de abril superou os 2 millóns de
usuarios).
Polo momento, nin a versión
para Android nin a de
Facebook de Apalabrados recibiron esta última actualización, polo que aÃnda
non poden gozar de partidas en éuscaro.
Dende Etermax aseguran estar en contacto coa Real Academia Galega para que en breve podamos gozar do xogo das palabras cruzadas en galego dende os nosos dispositivos móbiles ou no noso ordenador.