Xa podemos pór o Chromecast en pausa co mando do televisor

martes, 17 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Unha das máis importantes eivas coas que conta o Chromecast de Google é carecer de mando a distancia, o que fai que cando queiramos pausar un programa teñamos que recorrer ao ordenador, o móbil ou a tableta, pero dende unha recente actualización do dispositivo atoparon unha funcionalidade moi atractiva: poder deter e reanudar a reprodución mediante o vello mando a distancia do televisor, aproveitando as posibilidades do protocolo HDMI-CEC.
A tecnoloxía HDMI-CEC permite empregar o porto HDMI para intercambiar ordes de control entre dispositivo e televisor, o que normalmente podiamos ver nalgúns reprodutores de Blu-ray (que podían controlarse co mando do televisor, á vez que tamén permitían que o mando do reprodutor puidese acender o televisor) e que agora convértese na arma secreta do Chromecast.
A nova funcionalidade chegou coa actualización de firmware 27946, e depende do soporte de CEC que teña o noso televisor, sendo xa compatible con aplicacións como YouTube, iPlayer, TuneIn, Plex e outras.

PUBLICIDADE