Xapón identifÃcase cos videoxogos para promocionar os seus Xogos OlÃmpicos
luns, 22 de agosto do 2016
O
Xogos OlÃmpicos de Rio de Janeiro despedÃronse cunha cerimonia de clausura na
que se pasou o relevo á cidade de Tokyo, que acollerá os Xogos en 2020, e para
simbolizar este momento quixeron contar coa presenza do primeiro ministro
xaponés, Shinzo Abe, quen acudiu ao Estadio de Maracaná cunha grande bola vermella
representando ao Xapón (como aceno á súa bandeira) e que portou dun xeito moi
orixinal, xa que nunha peza audiovisual narraron a viaxe de Abe ao Brasil a
través dunha das tubaxes dos xogos de Super
Mario Bros., aparecendo
o propio primeiro ministro co sombreiro e a roupa do célebre fontaneiro de
Nintendo, que parece ser a imaxe que empregará o paÃs nipón para os seus
futuros Xogos.
Na peza audiovisual proxectada na cerimonia tamén puidemos ver a outra figura
dos videoxogos, Pac-Man, e outras iconas audiovisuais do Xapón (como as series
de animación de Campeones e Doraemon), deixando claro que tanto o anime como os videoxogos son elementos
centrais da cultura xaponesa.
Tamén podemos destacar o feito de que a figura de Mario está tradicionalmente
asociada aos Xogos OlÃmpicos, xa que dende o ano 2007 conta coa serie Mario & Sonic en los Juegos OlÃmpicos,
contando con licenza da Comité OlÃmpico Internacional, e publicando distintas
entregas tanto ambientadas nos Xogos de verán como nos de inverno.
Peza audiovisual proxectada na clausura dos Xogos de Rio