Xavier Marcet falará este xoves en SITE de innovación aberta

xoves, 18 de novembro do 2010 Fernando Sarasketa

SITE 2010, o Salón Internacional de Tecnoloxía que se desenvolve en EXPOCoruña, chega hoxe xoves 18 á súa segunda e última xornada, unha recta final que cómpre ter en conta polas claves de achegamento á vangarda tecnolóxica que pon en xogo. Por certo que entre os persoeiros da innovación no coñecemento que participan na xornada de hoxe figura Xavier Marcet i Gisbert (na imaxe), blogueiro e, a maiores, conselleiro delegado de LTC Projet, unha das firmas de consultoría tecnolóxica máis reputadas do eido estatal. Polo que respecta ao programa de actividades congresuais deste xoves, dicir que comeza cun debate arredor das TIC no sector financeiro (sobre as 9.00 horas) no que interveñen Vicente Estévez, director de Operacións de Hal Cash, Mario Yáñez (director de Solucións de Banca de Tecnocom) e Romano Stasi (secretario xeral de ABI Lab, Italia).
A continuación falarase de supervisión, seguridade e regulamento, cuestións que serán debatidas por Antonio Carrascosa, director de Cumprimento Regulatorio de PricewaterhouseCoopers, Félix Antonio Barrio, xerente de Innovación e Calidade de INTECO, e máis María Parga, conselleira directora xeral de Bolsas e Mercados Españois Innova, BME Innova.
Xa antes da pausa para o xantar, os asistentes a SITE 2010 poderán asistir aos relatorios de Alejandro Morán, responsable na Coruña de Everis (que falará arredor das 12.45 de innovación tecnolóxica no eido público), Antonio Jurado, consultor de eAdministración de HP (que afondará sobre as 13.00 horas na modernización da Administración en tempos de crise), Adriano galano, consultor experto de Novas Tecnoloxías de Fujitsu (que intervirá para avaliar as vantaxes do cloud computing), Josep Rius, MDS business manager de Ricoh (que exporá arredor das 13.30 horas as vantaxes da xestión tecnolóxica de documentos).
Nesta quenda de relatorios abertos tamén participará Carlos Rebate, xerente de Estratexia de Indra, afondando na creatividade en tempos revoltos; Luis Alberto de la Cruz, director de Estratexia de BT España, facendo fincapé na importancia de innovar; Andrés González-Lanceros, socio de Business Integration Partners, expoñendo como involucrar ao cliente a través do proceso de innovación.
A continuación damos conta, punto por punto, do programa do serán:
· 15.50-17.10 h Os “roadmaps” das organizacións máis innovadoras.
Antonio Rodríguez del Corral
Xerente de desenvolvemento de negocio. R
Alberto Palomeque
Director de Sistemas e Comunicacións. Adecco
Susana Roel Cabal
Xefa de Área de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico. Autoridade Portuaria da Coruña
Modera:
Jorge Cebreiros Arce
Secretario. Cluster TIC Galicia
· 17.10-18.00 h Conferencia de Clausura: Innovación aberta e esixencia de resultados
Xavier Marcet i Gisbert
CEO. LTC Projet
Presenta:
Ricardo Capilla. Director xeral de Investigación, Desarrollo e Innovación. Consellería de Economía e Industria. Xunta de Galicia
· 18.00-18.30 h Conclusións
Gonzalo Ortiz Amor
Presidente Comité Organizador SITE
· 18.30-20.00 h
Cóctel de Clausura SITE 2010

PUBLICIDADE